O 25 de setembro de 1910 fúndase na cidade de Buenos Aires, a Sociedad Progreso y Cultura Parroquial de Vedra, formada por emigrantes galegos orixinarios da parroquia de Vedra, pertencente ao concello do mesmo nome na provincia da Coruña.
Os obxectivos principais desta sociedade nos seus primeiros anos de vida estaban dirixidos nun primeiro lugar a manter os lazos de unión e irmandade entre estes emigrantes de Vedra, separados por tantos quilómetros de distancia da súa terra natal. E en segundo lugar, traballar de forma conxunta para organizar certas actividades, como poden ser:
-
Procurar algún tipo de protección e axuda aos paisanos que foran arribando a Buenos Aires, brindándolles en primeiro termo unha contención de tipo afectiva tratando de paliar dalgún xeito forma os problemas producidos polo desarraigo, colaborar co asentamento destes emigrantes na súa nova residencia e na busca de postos de traballo.
-
Manter e exaltar a súa cultura, costumes e tradicións, fomentando actividades sociais como poden ser a celebración de diversas festividades.
-
Coordinar o envío de cartos e bens materiais dirixidos ás súas familias e axudando á mellora tecnolóxica e de equipamento do pobo de Vedra.
Reorganización da Sociedade
Transcorren así os primeros anos de vida da Sociedade, chegando a mediados da década dos 30, e coincidindo coa guerra civil española, a Sociedade entra nun período de inactividade ata o ano 1948 onde se decide reorganizala. Estes anos finais da década dos 40 e comenzos da dos 50, marcaron un considerable incremento da corrente migratoria dende Galicia cara a Arxentina, e por conseguinte tamén importante foi o número de emigrantes de Vedra que chegaron a Buenos Aires. Foi así que co impulso desta nova xeración, no ano 1948 organízase a Sociedade, comenzando novamente a desenvolver as súas actividades.
A finais da década dos 50, o índice de ingreso de emigrantes galegos diminúe considerablemente ata casi desaparecer, pero a conectividade galega en Buenos Aires é moi numerosa, como importante tamén é o número de vedreses asentados en Buenos Aires, que na súa maior parte xa encamiñados na faz laboral e económica van botando raíces e formando as súas familias nesta terra. Isto induce a un cambio nos obxectivos da Sociedade, por un lado deixa de ter importancia a atención aos problemas de desarraigo, e cada vez cobran maior entidade as actividades culturais e recreativas dos seus asociados e demais participantes do colectivo galego de Buenos Aires. Créase así unha nova inquietude, a de intensificar os lazos coas súas orixes, tradicións e cultura, pero non só a nivel dos propios emigrantes, senón procurando transmitir todo isto ás novas xeracións, nacidas xa en solo arxentino.
Na procura dun achegamento dos mozos cara as nosas orixes, no ano 1961 fórmase o Coro da Soc. Progreso y Cultura Parroquial de Vedra, integrado na súa maior parte polos fillos arxentinos destes emigrantes, o que permitiu non só dar realce ás celebracións e festas mediante a súa actuación, senón que se transformou nun vehículo sumamente eficaz para iniciar aos mozos no cariño ás tradicións e cultura de Galicia.