Sociedad Parroquial de Vedra en Buenos Aires

Segundo se recolle nos seus estatutos, defínese como unha sociedade de carácter Mutual cos seguintes obxectivos:

  • Fomentar a axuda recíproca entre os seus membros.
  • Outorgar subsidios por casamento, nacemento, falecemento ou calquera outro evento que se determine.
  • Proporcionar servizos de asistencia médica integral, farmacéutica, recreación, turística, cultural e outros compatibles co desenvolvemento físico e espiritual dos seus asociados.
  • Procurar e axudar aos socios que o necesiten, na adquisición de vivenda.