Sociedad Parroquial de Vedra en Buenos Aires

Cómpracenos darlle a benvida ao sitio web da Sociedade parroquial de Vedra, Mutualidad y Cultura de Buenos Aires en GaliciaAberta. Dende o ano 1910 a nosa institución mantén o firme e decidido compromiso de divulgar a orixe e identidade galegas, desenvolvendo actividades de divulgación da idiosincrasia, cultura e costumes galegas entre os nosos socios, novas xeracións e público en xeral.

Este  portal nace no marco do proxecto GaliciaAberta, comunidade virtual da emigración da que formamos parte.

Nosa web oficial www.vedra.com.ar

Neste espazo, poderá atopar información sobre a nosa historia, as nosas actividades, a situación das nosas instalacións ou calquera outro tipo de información de interese.

Se desexa enviarnos calquera consulta, dúbida ou suxestión poderá realizala a través do enderezo info@vedra.com.ar, visite tamén a nosa web www.vedra.com.ar.

Por último, invitámolo tamén a participar en GaliciaAberta, a través das ferramentas de comunidade dispoñibles, como foros, enquisas, axenda, etc.