Sociedad Parroquial de Vedra en Buenos Aires

Inserción na colectividade

A Sociedad Parroquial de Vedra atópase federada á Unión de Sociedades Gallegas  e á Federación de Sociedades Españolas, desenvolvendo neste sentido actividades culturais e recreativas nun marco de integración.

Vedra centro colaborador

Vedra está a levar a cabo tamén un labor social, voluntario e absolutamente comprometido coas necesidades actuais dos nosos emigrantes.
Isto é posible grazas aos programas de axudas e subvencións que brindan a Consejería Laboral y Asuntos Sociales da Embaixada de España, e a Xunta de Galicia.
O asesoramento está enfocado tanto cara os distintos programas de axudas asistenciais, como aos programas como Campamentos, Reencontros, e aos programas de interese cultural como Concursos de fotografía, narración, pintura, etc…

As responsables deste labor son: Susana Carbia Espiño e Graciela García Avalos. As consultas poden realizarse os martes de 15 a 17 hs e os venres de 17 a 22 hs.

Eventos importantes

  • Visita do IGAEM e encontro de Gaiteros – 8 novembro 2004
  • Visita Asociación Raiceiros de San Miguel de Sarandón – Presentación do “Proxecto de Recuperación da Requinta” Disertación e Audiovisual – Outubro 2004
  • Encontro de Gaiteiros con Susana Seivane – 6 novembro 2003
  • Exposición de “Traxes Tradicionais Galegos” – Colección Francisco Collantes Carollo (Presidente da Asociación do Traxe Galego) – 8 e 9 Noviembre 2001
  • Visita dun Conxunto Galego desde o Concello de Vedra – Ano 2000
  • Visita do Gaiteiro Carlos Núñez – 10 maio 1998