Sociedad Parroquial de Vedra en Buenos Aires

Historia e Actualidade

Comeza como Coro no ao 1961, por iniciativa dun grupo de mozos, fillos de inmigrantes de Vedra.
Foi no ano 1975 cando comeza como director Javier López Yano, que o Coro de Vedra se transforma no Conxunto de Danzas e Gaitas.
Ao longo dos anos, a música tamén tivo moitos colaboradores, entre eles os señores Salvador Zas (Tambor) e Manuel Botana (Gaita).
Posteriormente, o señor Avelino Rodríguez Arteaga comeza en Vedra coa escola de gaitas. Continuaron o camiño Serafín Cerdeira, Francisco González, e novamente Avelino ata que faleceu en 1992.
Desde hai varios anos Carina é a directora de gaitas e conta neste momento cunha escola de numerosos alumnos e un grupo de Gaitas de grande prestixio en Buenos Aires.
Na parte de danzas despois de Javier López Yano, continuou Gloria López, Graciela García, Olga Loureiro, Manuel Abad e de novo Gloria López. O grupo de Baile está composto por xente de todas as idades.
Actualmente, o conxunto tamén conta cun grupo de Cantareiras. Cómpre destacar o numeroso grupo de nenos que conforman a escola de canto e pandeireta.