Dirección:
-
Grupo de Baile: Gloria López García
-
Grupo de Gaitas: Carina Fragoso Pegito
O noso conxunto
A Sociedade posúe unha Escola de Folclore galego, composta por baile, cantareiras, gaita e percusión, cada unha delas con gran cantidade de alumnos. O conxunto da Sociedade leva a cabo durante o ano unha intensa actividade de ensaios e actuacións tanto no ámbito da Colectividade galega e española como fóra dela.
As súas directoras realizaron os cursos de especialización ditados pola Xunta de Galicia, nas especialidades de baile, construción de palletas e canto e pandereta.
Tamén tiveron esta oportunidade outros integrantes que teñen ao seu cargo distintos aspectos da organización e bo funcionamento do conxunto da Sociedade. Así mesmo, a súa directora de gaitas, participou en dúas oportunidades no concurso Constantino Bellón de Ferrol, mediante o Premio Gaiteiro de Soutelo outorgado pola Xunta de Galicia.
Distintos profesores enviados pola Xunta de Galicia impartiron clases na nosa Sociedade. Así mesmo, o noso conxunto compartiu e está nese camiño actualmente, cursos de formación integrados outros centros galegos en Buenos Aires. Actualmente e despois da visita da Asociación Raiceiros de San Miguel de Sarandón, con colaboración do concello de Vedra, o noso conxunto de gaitas incorporou a requinta aos seus instrumentos.
Mais info en www.vedra.com.ar