Presidentes:
1948 – 1956: Joaquín Cerdeira
1956 – 1962: Manuel González Mogo
1962 – 1968: José González Caneda
1968 – 1972: Jesús Pellet González
1972 – 1987: Manuel González Mogo
1987 – 1992 : Jesús Iglesias Estévez
1992 – 2008: Horacio Pegito
2008- ata a data: Dora Pegito
Adquisición da sede social:
As comodidades que proporcionaba a sede social, foron cambiando coa vida da sociedade, dende un comenzo permitiu aos asociados contar cun centro para reunirse cunha maior frecuencia, incorporando novas actividades, chegando á actualidade na que non so é frecuentada polos fillos de Vedra, senón que tamén participan xentes de diversos lugares de Galicia, na súa maior parte e por razóns de afinidade ou amizade, orixinarios dos concellos de Boqueixón e Teo.
Pola súa parte, os mozos integrantes do coro atoparon as comodidades necesarias para realizar a súa actividade, á vez que foron manifestando maior interese polas danzas e a música galega, polo que no ano 1974 o coro remata como tal deixando lugar á formación do conxunto de danzas e gaitas da entidade.
Pero quizais, un dos acontecementos máis significativos acaeceu o día 7 de setembro de 1980, data na que se inaugura o salón principal, celebrándose por primeira vez a Festa dos Dolores na nosa propia casa.