Esta nova fisionomía que vai conseguindo a Entidade xunto ao crecemento da sede social, impoñen certos cambios no aspecto legal para dar cumprimento ás disposicións vixentes, polo que no ano 1981 obtense a personalidade xurídica outorgada polo Instituto Nacional de Acción Cooperativa y Mutual, funcionando dende entón baixo a denominación social de: Sociedad Parroquial de Vedra de Mutualidad y Cultura.
Actualmente lévanse a cabo distintas actividades como poden ser: culturais (conferencias, audiovisuais, biblioteca); deportivas e recreativas (fútbol reducido, balonvolea, ximnasia, artes marciais, ioga, xogos de salón, torneos de truco) e sociais (festas e celebracións, tanto nosas como de entidades irmáns ou oficiais). Pero sen dúbida a actividade do conxunto de Danzas, Gaitas e Cantareiras é unha das máis importantes e representativas dentro do funcionamento da sociedade. Hoxe o noso conxunto (un dos máis numerosos dentro da colectividade), conta cun recoñecido prestixio, sendo constantemente solicitado para realizar presentacións non só en entidades en Buenos Aires, senón tamén no interior do país. A nivel internacional realizou presentacións en Galicia en tres oportunidades, 1986, 1997 e 1999.
- O día 17 de novembro de 1990, vivimos unha xornada de suma relevancia para a entidade, concluída unha das etapas das obras da nosa sede social, na mencionada data procedeuse a inaugurar a secretaría social. Secretaría na que foi colocada unha placa dándolle o nome de Manuel González Mogo como forma de brindar unha merecida homenaxe a quen fora o noso lembrado presidente durante longos anos. Este acontecemento que de por si só representa unha enorme satisfacción para a entidade, tivo unha maior transcendencia aínda, xa que foi o propio presidente da Xunta de Galicia, Don Manuel Fraga Iribarne quen tivo ao seu cargo a inauguración das instalacións, outorgándonos o dito honor ao atoparse de visita no noso país, e presente na nosa casa con motivo dunha recepción que brindou á Colectividade galega da Arxentina, acto que se realizou nos salóns da nosa sede social.
- O 25 de setembro de 1992, é tamén unha data importante para a vida da entidade, pois a Xunta de Galicia a través da súa "Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas", notifícanos mediante un telegrama o recoñecemento á nosa entidade como comunidade galega asentada no exterior, procedendo á súa inscrición no "Rexistro Oficial de Galeguidade", producíndose dende entón un profundo contacto e unha marcada fluidez na comunicación coas autoridades da Comunidade autónoma de Galicia. Á súa vez, os cambios tecnolóxicos que facilitan o intercambio nas comunicacións e o incremento que se vén observando nos últimos tempos nas viaxes xa sexa dende Galicia como dende Buenos Aires, favoreceu e intensificou aínda máis as relacións que mantemos con Galicia, non só a nivel familiar, senón coa relación ás autoridades e institucións dos pobos de orixe, no noso caso Boqueixón, Teo e Vedra.
- Seguindo esta liña debemos destacar as visitas que nos últimos anos realizaron a Buenos Aires os veciños dos concellos do Val do Ulla, encabezados polas súas autoridades. A primeira visita en 1996 amplamente significativa pois non só recibíamos a unha nutrida delegación de veciños, senón tamén ás autoridades dos concellos de Boqueixón, Teo e Vedra. A segunda visita en 1998 marcou un fito pola súa transcendencia e significado, novamente recibimos na nosa casa a visita dunha numerosa delegación encabezada polos alcaldes dos concellos de Boqueixón, Adolfo Gacio Vázquez; de Teo, Armando Blanco Martínez e o tenente alcalde do Concello de Vedra, Xosé Suárez, aos que acompañaban destacados membros das súas respectivas corporacións municipais. Todos presentes na nosa sede social para participar na inauguración dun cruceiro réplica do existente na nosa parroquia de Vedra, que foi enviado