Creado no ano 1986 con deseño de Orlando Pegito Ascunce, describe a unión de dúas culturas; a galega, simbolizada polo botafumeiro, elemento representativo de Santiago de Compostela, capital de Galicia e de todo vedrés, e a Arxentina simbolizada polo mate, típico da chaira da Pampa. Buenos Aires, cidade que soubo abrazar aos acabados de chegar de forma xenerosa, onde todos se sumaron á roda do mate crioulo estreitando aínda máis os seus vínculos a través do lazo firme e seguro das boleadoras. A morriña pola súa terra daqueles que asentaron as súas raíces neste territorio albíscase no pano amarelo e a ilusión de atopar novos horizontes onde medrar ao carón dos seus no pano celeste; unidos ambos os dous pola cruz de Santiago Apóstolo, vermella, vigorosa, sangue de emigrantes e os seus fillos unidos polos camiños da quinta Provincia Galega, baixo as mesmas cores CELESTE e BRANCO.