Segundo se recolle nos seus estatutos, defínese como unha sociedade de carácter Mutual cos seguintes obxectivos:
- Fomentar a axuda recíproca entre os seus membros.
 - Outorgar subsidios por casamento, nacemento, falecemento ou calquera outro evento que se determine.
 - Proporcionar servizos de asistencia médica integral, farmacéutica, recreación, turística, cultural e outros compatibles co desenvolvemento físico e espiritual dos seus asociados.
 - Procurar e axudar aos socios que o necesiten, na adquisición de vivenda.
 
      
      